Proxecto
RedeVerde

RedeVerde Pontevedra:
Unha cidade que respira natureza

RedeVerde é o proxecto co que o Concello de Pontevedra impulsa unha nova etapa de transformación urbana baseada na renaturalización e na infraestrutura verde.

O seu obxectivo é integrar a natureza no corazón da cidade para mellorar a biodiversidade, aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático e incrementar a calidade de vida da cidadanía.

Un modelo urbano máis verde e máis saudable

Pontevedra aposta por unha evolución sostible do seu modelo urbano, incorporando solucións baseadas na natureza que permitan:

  • Recuperar antigas áreas naturais degradadas polo proceso urbanizador.
  • Mellorar a conectividade entre espazos verdes e azuis.
  • Regular a temperatura e a auga da cidade mediante sistemas ecolóxicos.
  • Crear novos hábitats e fortalecer os servizos ecosistémicos.

RedeVerde é, en definitiva, un proxecto para vivir mellor, convivindo coa natureza.

Cinco espazos, cinco actuacións

Río Gafos

Recuperación e restauración ecolóxica do tramo urbano soterrado, devolvéndolle á cidade un río vivo e integrando un bosque de ribeira no corazón urbano.

Recinto Feiral Pazo da Cultura

Creación de xardíns de chuvia e sistemas de drenaxe sostible para mellorar a xestión da auga, reducir a calor e incrementar a permeabilidade urbana.

Parque María Vinyals e rúa do Forno

Mellora ecolóxica e paisaxística para favorecer a presenza de especies autóctonas e polinizadores.

Marisma do Alba

Restauración dun espazo natural de alto valor ambiental, con eliminación de especies invasoras e recuperación de hábitats para a fauna local.

Cuberta verde do Pazo da Cultura

Instalación dunha cuberta vexetal que reducirá a pegada de carbono, mellorará a eficiencia enerxética e reforzará a conectividade ecolóxica do conxunto urbano.

Estratexia Local de Infraestrutura Verde

RedeVerde inclúe a elaboración da Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana de Pontevedra, dirixida pola Universidade da Coruña en colaboración co Concello.

Este documento definirá as áreas núcleo, corredores ecolóxicos e zonas multifuncionais que conformarán a rede verde municipal, así como o seu Plan de Acción e o visor cartográfico participativo aberto á cidadanía.

Participa na elaboración da Estratexia!

As achegas que realice resultarán imprescindíbeis para a axeitada definición e implementación da estratexia a desenvolver nos próximos anos.

Esta consulta é totalmente anónima, polo que non é necesario que aporte datos persoais identificativos, aínda que se solicita información sociodemográfica para as análises estadísticas dos resultados. Todas as súas respostas están protexidas polas Leis sobre o Segredo Estatístico e Protección de Datos Persoais, de acordo cos termos da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Participación e coñecemento

A natureza tamén se constrúe entre todas e todos

RedeVerde incorpora unha forte dimensión social a través do Consello Verde Urbano, que actúa como foro de diálogo e participación ambiental.

Ademais, o programa desenvolve actividades divulgativas como:

Decembro 2025
LunMarMérXovVenSábDom
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4

Un proxecto europeo de futuro

RedeVerde é un proxecto promovido polo Concello de Pontevedra coa colaboración da Universidade da Coruña (UDC), co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.