Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana de Pontevedra
Un mapa de natureza que conecta os espazos verdes e azuis da cidade para facer fronte ao cambio climático
A Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana é unha das accións centrais do proxecto RedeVerde.
Definirá a estrutura ecolóxica da cidade de Pontevedra e servirá de guía para integrar a natureza no planeamento urbano, fortalecendo a adaptación climática e a saúde ambiental do territorio.
Obxectivos da estratexia
A Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana ten como obxectivo principal recoñecer, conectar e poñer en valor os espazos naturais e semiurbanos de Pontevedra, promovendo un modelo urbano máis sostible e adaptado aos impactos do cambio climático.
Entre os seus fins destacan:
-
A identificación dos riscos e vulnerabilidades climáticas do termo municipal, como ondas de calor, escorrentías ou perda de biodiversidade.
-
A delimitación das áreas núcleo, corredores ecolóxicos e zonas multifuncionais que conformarán a rede verde da cidade
-
A creación dun Plan de Acción que oriente futuras actuacións de renaturalización e mellora ambiental
-
A promoción dunha planificación urbana resiliente, capaz de integrar a natureza como infraestrutura esencial
-
A mellora da conectividade entre os espazos verdes e azuis, incrementando o seu uso social e o seu valor ambiental
Como se elabora a estratexia
A elaboración da Estratexia está coordinada pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración co Concello de Pontevedra, e segue un proceso participativo e científico.
Desenvólvese en tres fases complementarias:
Diagnose e avaliación ambiental
identificando riscos,
vulnerabilidades e
oportunidades do territorio
Cartografía e delimitación da
infraestrutura verde
que permitirá visualizar as
conexións ecolóxicas da cidade
e as súas áreas prioritarias de
intervención
Plan de Acción
onde se recollerán as medidas
concretas para integrar a
infraestrutura verde no
planeamento urbanístico
e nas políticas ambientais
municipais
Durante todo o proceso, promoverase a participación cidadá e a coordinación entre administracións, técnicos e comunidade investigadora.
Un proceso aberto á cidadanía
A Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana terá un visor cartográfico interactivo que permitirá consultar os resultados, visualizar as áreas de actuación e achegar comentarios e propostas.
A través do Consello Verde Urbano e das actividades de comunicación de RedeVerde, a cidadanía poderá coñecer o avance do proceso e contribuír coas súas ideas e experiencias
Un proxecto europeo de futuro
RedeVerde é un proxecto promovido polo Concello de Pontevedra coa colaboración da Universidade da Coruña (UDC), co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.